O Concello de Nigrán súmase novamente coa Sociedade Galega de Sexoloxía (SOGASEX) á ‘Semana da Diversidade Sexual’ coa celebración este venres e sábado (3 e 4 de Xuño) no Auditorio Municipal dunhas xornadas adicadas á sexualidade nas persoas maiores.
Inscrición
Os interesados en asistir poden facelo presencialmente ou online inscribíndose previamente no enderezo de mail [email protected] para recibir os links pertinentes das videoconferencias. Toda a programación está a disposición dos interesados en www.sogasex.es.
Profesinais da sexoloxía
As xornada comezarán coa proposta anual de SOGASEX de mostrar imaxes e narrativas sobre as sexualidades, este ano abordarase o proceso de envellecer.
Para a realización deste retrato contarase coa presenza de diferentes persoas, desde profesionais da sexoloxía, da área sanitaria, docente e intervención social, a outras en representación de entidades educativas, sociosanitarias e culturais locais e do activismo sexual. Con eles haberá ponencias, coloquios, faladoiros. e, ademais, proxectaranse sendos documentais e unha película.