A Asociación Veciñal de Teis dirixiuse o pasado mes de abril, por escrito, á Concellaría de Turismo, solicitando que o autobús turístico inclúa no itinerario o parque da Guía.
Hai bastantes anos debido aos problemas de aceso desde a rúa Doutor Corbal, o autobús turístico deixou subir á Guía, pero, sinalan dende a asociación veciñal, “a realidade e que desde fai tempo a rúa Doutor Corbal é de sentido único e abriuse a rúa Pedro Alvarado, polo que o aceso ao parque mellorou moito”.
O Concello leva seis anos ‘estudando’ se o bus sube hasta A Guía
Desde o ano 2016, a asociación de veciños vén de dirixirse por escrito a esta Concellaría, solicitando que o autobús turístico chegase á Guía e daquela recibiu un escrito desta concellaría, indicando que “estudarían” esta proposta, “logo de seis anos descoñecemos as conclusións dese estudo”.
Este luns anunciábase a posta en marcha do autobús turístico e “comprobamos que se exclúe un ano máis o parque da Guía”, algo que os veciños non entenden, “sendo un dos grandes parques de Vigo, que conta cunha grande carballeira, no mesmo casco urbano da cidade”.
Por en valor o parque
A Asociación Veciñal leva anos denunciando o que consideran que é un exemplo de “deixadez” do Goberno local en relación con este parque no que hai “árbores invasoras -como eucaliptos eacacias- que impiden gozar dunha parte importante das vistas sobre a ría de Vigo, non hai unha cafetería, tampouco se potencia, nin se amplía a carballeira, e non se crea un parque infantil”