A música en galego tomará esta fin de semana TerraCeo, o festival impulsado polo Auditorio Mar de Vigo, que celebra a súa terceira edición. Este venres ás 21.00 horas será a quenda de Xisco Feijoó, presentando o seu novo disco ‘Peixe’, no que propón unha revisión da música tradicional filtrada desde unha ollada contemporánea.
Feijoó é un gran estudoso da tradición oral galega, base da que parten as súas composicións. O seu traballo de máis de tres décadas no ámbito da recuperación etnográfica, converteuno nunha figura de referencia na música tradicional, colaborando con artistas como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junkera, e nos últimos tempos tamén con Tanxugueiras, coas que actuou nalgún espectáculo e no de videoclip ‘‘Midas’.
A banda da Loba e Fillas de Cassandra, en agosto
O concerto de A banda da Loba e Fillas de Cassandra previsto para este sábado adíase ao 7 de agosto por motivos alleos á organización.
Os espectadores poden ter a opción de asistir esa nova cita, coa mesma entrada, ou solicitar a devolución do importe escribiendo á billeteira. Con todo, ese día poderemos gozar das cancións reivindicativas de A Banda da Loba, grupo composto por cinco mulleres que tamén beben dos ritmos tradicionais, nunha exitosa fórmula na que misturan pop, rock e folk. A banda tomou o nome de Pepa a Loba, a histórica bandoleira galega, documentada no século XIX, nunha clara intención de visibilizar o empoderamento das mulleres.
Con estas actuacións, o festival TerraCeo continúa coas liñas marcadas para esta edición, de incorporar máis música en galego e máis bandas locais, ademais da internacionalización con artistas como Lila Downs ou Salvador Sobral, que actuarán nas vindeiras semanas e cuxas entradas están a piques de esgotarse.
Todas as datas dos espectáculos poden consultarse na web do Auditorio Mar de Vigo e na billetera www.teuticket.com
Datas do Festival Terraceo
Xuño:
3 de xuño – Xisco Feijoó
18 de xuño – Ángel Stanich + MaríaSOA
Xullo:
1 de xullo – Soleá Morente + dani
2 de xullo – Berto + Familia Caamagno
8 de xullo – La Zowi
9 de xullo – Lila Downs + Sés (trío)
30 de xullo – Ortiga + Grande Amore
Agosto:
7 de agosto – A banda da loba + Fillas de Cassandra
19 de agosto – Salvador Sobral + Abe rábade
27 de agosto – Delafé y las flores azules – Única data en Galicia