O Comité da empresa encargada da limpeza da planta de Stellantis Vigo convoca para este mércores unha xornada de folga de 10 a 14h. de 14 a 18h. e de dende as 22:00h. de hoxe ata as 02:00h. de mañá, xoves, día 9.
“Precarizacion das condicións de traballo”
Este paro afecta aos traballadores de vaciado e estocaxe de contedores da antigua Senior, actual Grupo UB, que amosarán así a súa denuncia pola “precarización constante das condicións de traballo que ten como finalidade un abaratamento de custos”.
Como apoio ao paro, está convocada unha manifestación que sairá ao mediodía da porta principal de Stellantis, percorrerá a Avenida de Citroën ata Castrelos, volverá polo mesmo lugar, seguirá ata a ‘circunvalación’ de Bouzas e volverá á factoría.