Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda e dende fai semanas moitas persoas traballan na preparación dos diferentes materiais que se empregarán na confección das Alfombras Florais.
Organízanse para levar a cabo a realización duns 2.300 metros cadrados de superficie en tapices florais que lucirán, nas 10 rúas que se engalan para esta ocasión.
Dende o século XVIII
Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII.
A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus, así como “dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral”.