O Concello de Covelo segue adiante co Plan Municipal de Abastecemento de auga e invistiu 50.520€ en “tecnoloxía de última xeración”.
A mesma permitirá garantir a “mellora da calidade e do subministro” de auga potable nos barrios de Baldomar e As Medelas, na parroquia de Santa Mariña e na parroquia de Santiago de Covelo no depósito que abastece ao casco urbano. Con esta actuación o goberno municipal aposta pola “optimización do servizo e polo mellor aproveitamento dos recursos naturais”, sinala o alcalde, Pablo Castillo.
Máis de 90.000 euros
Co obxectivo de seguir mellorando os servizos públicos ofrecidos á veciñanza, o goberno de Covelo leva investido nesta mandato o total de 90.307,54€-€ na mellora do abastecemento de auga.
Nestes últimos meses actuouse no depósito que abastece os barrios de Baldomar e As Medelas instalando unha bomba dosificadora, un contador de impulsos e un novo depósito de cloro.
Co obxectivo de garantir a potabilidade das augas, realizouse unha importante actuación nos depósitos ubicados en Baldomar e Piñoi, destinando 32.514€ a sistemas de cloración por lectura que emite aos sensores parámetros precisos do estado da auga.
O Concello realizou esta mesma acción nos depósitos Fontiñas 1 e Fontiñas 2 que abastecen o centro urbano investindo o total de 18.006€.
Desinfección e saneamento
Para desinfectar e sanear a subministración canalizada da rede de abastecemento de auga potable procedeuse á instalación dun equipo para o control do sistema de cloración automático, mediante un panel de control de parámetros e unha bomba de recirculación para mesturar o cloro no depósito.
Está instalación recompila datos en tempo real das medicións, e desta maneira emite impulsos para a correcta dosificación, facilitando e achegando en todo momento o cloro necesario no depósito e na rede, evitando o retorno de auga clorada polo sobrante.
“Optamos por instalar un novo sistema de cloración automática cun panel analizador que recolle datos en tempo real das medicións, deste xeito emite pulsos para a correcta dosificación de cloro nos depósitos”, explica o alcalde.