A Concellería de Deportes do Porriño procedeu ao peche temporal da piscina municipal, dende este mércores, para subsanar unha contaminación das augas detectada nun dos controis rutinarios e obrigatorios realizados na mañá de hoxe.
Os mesmos arroxaron baixos niveis da bacteria E.coli polo que, por precaución tal e como marca a normativa sanitaria, as instalacións permanecerán pechadas para seguridade dos bañistas e para realizar ao tratamento da auga.
Abrir en 48 horas
Agora mesmo, aplícase un tratamento de choque leve, e agardase que a piscina poida abrir en 48 horas. Unha vez realizado, farase unha nova analítica para asegurar que os niveis volven á normalidade antes de reabrir as instalacións.