As entradas para asistir aos teatros están dispoñibles na web de Teuticket
Este sábado, día 25, volve Malo Será! aos teatros. Os mellores cómicos e cómicas de Galicia citanse en Vigo, no Auditorio Mar de Vigo. Lucía Regueiro presenta esta nova temporada do formato que leva á televisión aos teatros e os teatros á televisión.
Convidados especiais
Xosé A. Touriñán, Lucía Veiga, Evaristo Calvo, Josito Porto e Marita Martínez , serán os encargados de protagonizar os distintos sketchs desta terceira función da temporada. En cada espectáculo haberá un convidado especial que participe co resto do elenco nos sketchs. Nesta terceira función en Vigo, será María Mera e Jazmín Abuín as artistas que
acompañarán ao equipo de Malo Será!
Actores e actrices locais
Ademais, para promocionar o talento novo, tamén participará unha actriz ou actor local en cada unha das cidades e vilas polas que pasará o espectáculo. Nesta terceira parada, Raúl Alonso e Sara Fernández sumarase ao elenco dando vida a diferentes personaxes.
Banda, decorado, pantalla xigante
Os cómicos contarán co apoio dunha banda que interpretará a música en directo e un impresionante decorado cunha pantalla xigante para recrear as situacións máis delirantes. En total, un equipo de máis de 60 persoas estará traballando nos teatros para poder levar adiante un espectáculo único en Galicia.
Por todos os teatros galegos
Malo Será! é un espectáculo que percorrerá os teatros das cidades galegas enchéndoos de humor e gravándoo en directo para a súa posterior emisión na Televisión de Galicia. Logo do inicio en Pontevedra e Rianxo 19 de xuño, chega Malo será a Vigo o 25 de xuño, posteriormente en Ourense (9 de xullo), Lugo (17 de xullo) e A Coruña (23 de xullo).