A iniciativa do Concello de Redondela desenvolverase os días 2, 16 e 30 de xullo con saída dende o Meirande
A Concellería de Turismo do Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que aínda quedan prazas baleiras para ‘San Simón, a Illa’ que propón unha visita a este emblemático lugar e á enseada na que se enclava, dende unha perspectiva diferente como é a dunha ruta en kaiak.
Prazas limitadas
Esta actividade, para dar cabida a todas as persoas interesadas, se desenvolverá en tres quendas: 2, 16 e 30 de xullo, estando limitadas as prazas para cada unha delas a 20 participantes.
A saída, nas tres quendas, será ás 10 horas dende o museo Meirande e a idade mínima dos e das participantes será de 4 anos, se ben deberán ir acompañados da nai, pai ou titores; asi mesmo, os e as menores de 14 anos deberán levar a correspondente autorización.
O prezo será de 15 euros e para reservar prazas ou obter máis información, as interesadas e interesados poden dirixirse ao teléfono 986 40 17 13 ou ao enderezo de correo electrónico [email protected].