Con motivo da celebración das festas de Coia, este venres, día 1, e o sábado 2 de xullo, Vitrasa reforzará a liña nocturna (N1) para dispoñer dunha maior frecuencia de paso nesta fin de semana. Así, o venres a N1 terá unha frecuencia media de 40 minutos e o sábado de 20 minutos en toda a liña.
Itinerario
O percorrido da liña N1 inclúe as seguintes rúas: Avda. Europa – Avda. Castelao – Pza. América – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz- Príncipe – Trav. Vigo- Buenos Aires – S. Badia – G. Barbón – P. Sanz – V. Moreno – García Olloqui – Cánovas del Castillo – Beiramar – Gaiteiro Ricardo Portela – Torrecedeira – Praza Eugenio Fadrique – Tomás Alonso – Camilo Veiga – Avda. Atlántida – Avda. Samil.
Horario diurno
Para acudir ás festas en horario diurno, os usuarios contan coas liñas da rede habitual con paso pola Avda. de Castelao: C3, 4A, 4C, 5B, 10, 12A, 13, 15A e 23.
A información completa sobre percorridos e horarios detallados está dispoñible na páxina web de Vitrasa e en Vigo App.