O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, pediu este martes aos cidadáns “extremar as precaucións” ante o importante aumento dos casos de COVID en Galicia. Exactamente, hai 830 persoas hospitalizadas con coronavirus e preto de 14.800 casos activos.
García Comesaña, que hoxe falou sobre a falla de médicos na Atención Primaria, apuntou que levamos unhas semanas de “relaxación” e a mesma “xera o que xera”.
Por iso, además da precaución insistiu na conveniencia de vacinarse e pediu a quen non recibiu ainda a tercera dose, que acuda aos puntos de vacinación que hai por toda a xeografía galega.