Destacados Vigo al minuto

A Xunta declara o estado de ‘alerta’ por calor ‘extrema’ ata o venres

En Vigo teremos as noites máis cálidas de Galicia con temperaturas de 20 e 25 graos

Alerta por altas temperaturas en las Rías Baixas

En Vigo teremos as noites máis cálidas de Galicia con temperaturas de 20 e 25 graos

Teremos unha das ondas de calor máis longa coñecida dende que hai rexistros. Por iso a Xunta vén de declarar o nivel máximo de alerta por tempraturas “extremas” até o vindeiro venres, día 15.

Segundo as previsións de MeteoGalicia, a Comunidade rexistrará temperaturas superiores aos 40 graos en varios puntos das provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense.

Vigo, 36 graos e as noites máis cálidas

Vigo, ademais de rexistrar temperaturas de 36 graos durante o día, como informou vigoalminuto, terá as noites máis cálidas de toda Galicia: dende este martes non baixaran ds 20 graos e o xoves será de 25.

Ourense: catro días a 40 graos

Ourense sufrirá as maiores temperaturas: desde este luns ao xoves, a provincia permanecerá por encima dos 40 graos, con máximas de 42 o martes e o xoves 14.

Lugo, Santiago e Pontevedra

En Santiago agárdanse catro días con máximas de 36 graos, o mesmo que en Lugo, mentres que en Pontevedra os termómetros chegarán aos 38 durante varias xornadas.

A Coruña, en primavera

A provincia da Coruña rexistrará as temperaturas máis baixas destes días con máximas de 31 graos, o xoves, e xornadas de 28 e 27 graos o martes e mércores.

Consellos

Sanidade recomenda beber máis líquido sen esperar a ter sede, en especial auga e zumes. Aconsella evitar as bebidas alcohólicas, as que estean quentes, o café, té e as azucaradas.

A mellor roupa é a que sexa lixeira, folgada e de cores claras. Usar chapeus e gorras, crema solar e calzado cómodo, fresco e que transpire.

 Se estás en casa ou no traballo, haberá que procurar ter os lugares ventilados ou acondicionados e usar ventiladores nas horas de máis calor.

No exterior teremos que evitar, se é posible, as actividades nas horas centrais do día; tamén reducir a actividade física, estar á sombra; convén non ir á praia nas horas de máxima calor, non durmirse ao sol e, por suposto, cando aparques non deixes no coche a nenos, persoas maiores e animais.

Por último, se tes familiares, coñecidos ou veciños que vivan sós, estate máis pendente deles estes días e comproba que están ben.












También te puede interesar