Outro arrasou 6,4 no concello de Ourol
Dende as 10 e meda da noite deste pasado luns está activo un incendio no concello de Ribadavia que, dacordo cos datos facilitados pola Consellería de Medio Rural, afecta a máis de 20 hectáreas.
Dacordo coa mesmo infomación, no lugar traballan 4 axentes, 15 brigada, 11 motobombas e unha pa.
Ourol
Doutra banda, onte pola noite quedou apagado o lume que comezara este luns ás 13:37h. na parroquia de Ambosores, no concello lucense de Ourol que, segundo as estimacións de Medio Rural, comezara en tres focos distintos e afectou a 6,4 hectáreas.