Comarcas Vigo al minuto

Redondela a todo tren

El ‘Tren Turístico’ permitirá conocer los lugares más destacados del Concello

Este venres, o tren comezará a circular por Redondela

El ‘Tren Turístico’ permitirá conocer los lugares más destacados del Concello

O Concello de Redondela, coa finalidade de potenciar as actividades turísticas coas que conta, poñerá en marcha, o vindeiro venres, o servizo de Tren Turístico, unha iniciativa que permite coñecer os puntos máis destacados de Redondela.

Esta iniciativa está dirixida non só a persoas que peregrinan e visitantes, senón tamén a veciñanza que, dun xeito distinto ao habitual, poderá percorrer a súa vila e mirala dende unha perspectiva distinta.

A alcaldesa Digna Rivas subliñou precisamente ese aspecto de que “veciñas e veciños descubran a súa vila ‘con outros ollos’ e dun xeito tranquilo e distinto, percorran o casco urbano e o porto e a praia de Cesantes.

Salida

O Tren Turístico terá a súa saída dende a rúa Xeneral Rubín, un lugar de fácil ubicación tanto para as veciñas e veciños com para as persoas visitantes, para dende aí pasar pola rúa Mendiño ata ao porto de Cesantes para, deseguido e pola rúa Catapeixe, dirixirse á praia de Cesantes onde fará unha pequena parada para volver ao seu punto de destino. As persoas usuarias poderán gozar das actividades do Kite Fest, todo un espectáculo deportivo. O Tren Turístico estará funcionara mañá e tarde en horarios que estarán expostos no punto de saída.

O punto de saída poderá cambiarse cando a Policía Local o considere oportuno con motivo de eventos especiais como poden ser días de mercado, festas ou eventos que orixinen calquera tipo de incompatibilidade co punto habitual de parada.

Te podría interesar