Concédese por un período de 12 meses consecutivos, con posibilidade de prórroga
O bono de alugueiro social poderá solicitarse a partir de este xoves, 14 de xullo, despois de que onte o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicase a resolución pola que se establecen as bases reguladoras destas axudas e se
procede á súa convocatoria.
Incrementar un 20% a contía
A principal novidade recollida na resolución é que, por primeira vez, se prevé a posibilidade de incrementar nun 20% a contía máxima da renda de alugueiro e polo tanto, do bono, cando a unidade de convivencia do solicitante estea composta por 5 ou máis persoas. Tamén se aplicará esta mesma porcentaxe se un dos membros da unidade
familiar precisa dunha vivenda adaptada.
Máximo de 660€ ao mes
Na práctica, isto traducirase en que a contía máxima do Bono de alugueiro social se incrementará ata os 660 euros ao mes fronte aos 540 euros fixados como contía límite das axudas na convocatoria anterior.
O Bono de alugueiro social concederase por un período de 12 meses consecutivos, aínda que poderán pedirse ata 4 prórrogas. Deste xeito, os beneficiarios terán dereito a percibir esta axuda ao alugueiro durante un total de 5 anos, como máximo.