Afectan a dúas parroquias de Melón e a Ribadavia
Os dous incendios declarados na parroquia de Quins, no concello de Melón, cun día de diferencia, arrasaron 85 hectáreas, segundo a información da Consellería de Medio Rural.
Ás 10 e media da noite do luns comezou o primeiro, no que arderon 35 hectáreas; apenas 24 horas máis tarde declarouse o segundo, que afecta a 50 hectáreas.
No primeiro traballan 6 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas e un helicóptero e no segundo, 12 axentes, 18 brigadas, 14 motobombas, dúas pas e varios medios aéreos.
Ribadavia
En Ribadavia as lapas avanzan dende o luns ás 1o da noite, con 65 hectareas queimadas. En total, 2 técnicos, 21 axentes, 48 brigadas, 34 motobombas, catro pas e medios aéreos están despregados no lugar.