Destacados Sucesos

Os grandes lumes declarados en Galicia arrasan xa preto de 4.000 hectáreas

Máis da metade no Courel, na provincia de Lugo

Os grandes lumes declarados en Galicia arrasan xa preto de 4.000 hectáreas

Máis da metade no Courel, na provincia de Lugo

Preto de 4.000 hectáreas arrasadas é o dano causado, ata hoxe a primeira hora polos grandes lumes que comezaron en Galicia nos últimos días.

A situación máis grave está nas provincias de Lugo, con sete incendios- tres en Folgoso do Courel, outros tres en Quiroga e outro na Pobra do Brollón- e Ourense, con máis de 800 hectáreas queimadas en Carballeda de Valdeorras.

Lugo

A Pobra do Brollón ainda está en ‘situación 2’ polo avance das lapas que están poñendo en risco a aldea de Busto. O incendio, que comezara na parroauia de Saa ás 8 e media da tarde do xoves pasado, arrasou xa 550 hectáreas, dacordo cos datos da Consellería de Medio Rural.

No lugar no incendio traballan 2 técnicos, 9 axentes, 18 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 4 avións.

En Folgoso do Courel hai tres lumes activos, nos que está decretada a ‘alerta 2’ na parroquia de Seceda pola proximidade das lapas a varias casas. O monte leva ardendo dende o venres de madrugada e queimou xa 700 hectáreas.

Segundo a última información, o fogo achégouse a Gamiz, na parroquia de Santalla, no concello de Samos, onde deplegáronse 8 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas, 2 avións e 2 helicóptero. Tamén participa a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A ‘alerta 2’ tamén está vixente no núcleo de Carballal, na parroquia de Vilamor, tamén en Folgoso. O incendio comezara antes das 9 da noite do xoves e, ata esta mañá, queimara 300 hectáreas.

No lugar están 3 técnicos, 10 axentes, 19 brigadas, 11 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

Na mesma parroquia, en Vilamor, está activo, dende o xoves ás 8 e media da tarde, o terceiro incendio de Folgoso do Courel. O mesmo afecta a 250 hectáreas e no seu control traballan 14 axentes, 15 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 4 helicópteros

No concello de Quiroga, tamén hai activos tres incendios. O primeiro, dende o xoves, na parroquia de Outeiro, onde arrasou 250 hectáreas. Ata alí chegaron técnicos, 12 axentes, 11 brigadas, 11 motobombas, 1 pa e 4 avións.

Na parroquia de Nocedo, arderon dende a mañá do venres 180 hectáreas. Dous axentes, 4 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros tentan controlar as lapas.  

Tamén dende o venres, un terceiro lume afecta a Quiroga, cunha superficie queimada de 90 hectáreas e hai 2 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas e 2 avións traballando no lugar.

Ourense

Na provincia de Ourense, segue activo desde a mañá venres un lume na parroquia de Pradoalbar, no concello de Vilariño de Conso. Afecta a unhas 95 hectáreas no Parque do Invernadeiro.

Achegáronse ao lugar 1 técnico, 3 axentes, 16 brigadas, 4 motobombas, 2 pas, 2 avións e 5 helicópteros.    

En Carballeda de Valdeorras segue sen control dende a noite do xoves un incendio na parroquia de Riodolas, que afecta 800 hectáreas.

No seu control, participan 3 técnicos, 10 axentes, 26 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 2 avións e 3 helicópteros.

Pontevedra

Na provincia de Pontevdra segue ardendo, tamén dende o xoves, a parroquia de Guillar, no concello de Rodeiro que queimou 200 hectáreas de superficie. Medio Rural deu por controladas as lapas esta madrugada grazas ao esforzo de 2 técnicos, 9 axentes, 25 brigadas, 16 motobombas, 3 pas e 2 helicópteros.

Por último, esta noite quedou extinguido o lume que comezara a madrugada do venres na parroquia de Baredo, en Baio, que obrigara a desaloxar oito vivendas y que arrasou 46 hectáreas de monte arborado.














También te puede interesar