En Tomiño hai preto de dez veciños que superan esta idade
A familia e amizades de Preciosa Franco Barreiro, veciña de toda a vida de Pazo, na parroquia de Barrantes, acompañaron á flamante centenaria nunha emocionada cerimonia de cumpre anos.
Rodeada dos seus fillos, Jose e Merche; netos (Gonzalo, Jose, Rubén e Ana María); e bisnetos (Noelia, Iker, Xavi e Emma) e demais familia, Preciosa soprou as velas coa axuda dos máis pequenos da casa.
“Se non houbera traballado tanto, non estaría aquí”
Preciosa, coma a gran maioría das mulleres do seu tempo, traballou duro ao longo da súa vida, coidando do campo os animais, a casa, segando a herba a man…criando aos fillos e axudando ao seu marido Luciano, que emigrou durante varios anos a Arxentina. “Se non houbera traballado tanto, non estaría aquí”, sentencia Preciosa, consciente do día tan especial que están a celebrar.
Xogando con bisnetos
Nos ratos libres, bordaba sabas e manteis con auténtica mestría. Hoxe, “os achaques da idade, no lle permiten moverse moito aínda que a súa cabeza lle responde bastante ben”, Comenta a súa filla, Merche, que o pasatempo preferido da súa nai na actualidade, consiste, principalmente, en xogar e desfrutar da compañía dos seus bisnetos, especialmente de Emma, que vive na mesma casa e gusta moito de estar con ela.
Centenarios
Hai algunhas semanas festexaba o seu 103 aniversario Evangelina Vila Albores; outra das centenarias que viven en Tomiño, que son arredor dunha decena.