Destacados Vigo al minuto

Desconvocada a folga do persoal de limpeza das zonas verdes de Vigo

Logo do acordo que iguala as condicións do persoal a tempo competo e a tempo parcial

Logo do acordo que iguala as condicións do persoal a tempo competo e a tempo parcial

O cadro de persoal da UTE Zonas Verdes Vigo (Acciona e Mantén) decidiu, por maioría absoluta en asemblea, desconvocar a folga indefinida tras un acordo que iguala as condicións laborais do persoal a tempo completo e a tempo parcial.

EsteO paro indefinido, cuxo inicio estaba previsto para o pasado luns 20 de xuño, fora suspendido antes de comezar tras solicitar a empresa a mediación.

Acordo

Segundo explican dende a CIG-Servizos de Vigo, as partes pactaron que as persoas a tempo parcial van ter os mesmos dereitos que as que traballan a tempo completo, ademais de aplicárselles o convenio na súa integridade, “cousa que até o de agora non sucedía xa que non tiñan os mesmos descansos, nin o mesmo tempo para o bocadillo, nin os mesmos días de libre disposición, entre outras cousas”.

30 horas semanais

En virtude do acordo, a partir do vindeiro 1 de agosto o persoal a tempo parcial pasará a traballar 30 horas semanais para facer horario de tarde e gozarán de dous días de descanso rotativos. Ademais, aumentaráselles a xornada no caso de que se produza un incremento do persoal a tempo completo.

A xornada laboral a tempo completo é de de 35,30 horas este ano e 35 o que vén, “polo que o salario e a cotización do persoal parcial será case como o do persoal a tempo completo”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.