Sucesos Vigo al minuto

O lume queima xa 25.000 hectáreas e deixa sen casa a centos de persoas

Imaxes: Miguel Núñez/ Os incendios avanzan incontrolados

Extinguido el fuego que quemó por completo las gabarras de cuatro camiones, en Redondela

Os incendios avanzan incontrolados

Imaxes: ©Miguel Núñez /Non hai xeito de deter as lapas que seguen avanzando e que xa levan arrasadas, ata primeiro hora deste mércores, máis de 25.000 hectáreas en toda Galicia, segundo os datos oficiais. Outros apuntan a que a superficie afectada podería achegarse ás 28.000.

Como comprobou o xornalista gráfico Miguel Núñez en varios puntos da provincia de Ourense, veciñas e veciños de aldeas e parroquias fanlle fronte ao fogo tentando evitar que cheguen ás casas e pase o mesmo que, cando menos, en máis dun cento de vivendas que quedaron arrasadas en menos dunha semana.

A vaga de incendios, que comezara o xoves, afecta principalmente a Valdeorras, con preto de 10.000 hectáreas queimadas, e ao Courel, en Lugo, onde achégase ás 9.000.

Imaxe: Miguel Núñez

Ourense

A superficie afectada en Carballeda de Valdeorras segue espallándose e xa é de preto de 10.000 hectáreas. Dende a parroquia de Riodelas, o lume avanzou e xa está nas dúas beiras do río Sil e avanza polo Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

Permanece activada a ‘situación 2’ o que obrigou a evacuar aos veciños de Candeda, en Carballeda, polo preto que estaban as lapas das casas, e o lume chegou a Puente de Domingo Flórez, na provincia de León.

Polo que se refire a Vilariño de Conso, segue sen control o incendio que está quiemando o Parque Natural do Invernadeiro, e que xa supera as 3.800 hectáreas.

En Oímbra hai tres focos, un deles, que comezara na parroquia de Rabal e queimou 750 hectáreas, obrigou a a activar a ‘situación 2’ na aldea de Feces de Cima, en Verín.

Hai outros dous puntos que continúan activos: o da parroquia de San Cibrao, onde o lume arrasou 400 hectáreas, e na de Videferre, que afecta a 350.

A toda esta superficie hai que sumarlle 179 hectáreas máis, as dos lumes xa extinguidos en Melón -83- Ribadavia-65 hectáreas- e Cualedro -31-. Ademáis, na provincia de Ourense hai que engadir 20 aldeas desaloxadas.

Á vista desta situación, o pleno do Concello do Barco de Valdeorras aprobou hoxe, por unanimidade, iniciar a tramitación para a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil- popularmente coñecida como ‘zona catastrófica’– unha solicitude que tamén farán Rubiá e Carballeda.

Imaxes: ©Miguel Núñez

Lugo

Segundo as últimas estimacións, os catro lumes que afectan a Folgoso do Courel e Pobra do Brollón queimaron máis de 8.000 hectáreas. A elas hai que sumar outras 1.100 más da parroquia de Seceda, tamén en Folgoso, polo que o total superaría as 9.000.

Segue a ‘situación 2’, pola proximidde do lume ás casas nas aldeas de Busto, en Pobra do Brollón, nas de Carballal e Gamiz, en Folgoso . Ademais unhas 1.200 persoas que foron desaloxadas en 60 núcleos de poboación.

No concello de Cervantes hai varios lumes activos e outro apagado. Na parroquia de Outeiro arderon 250 hectáreas; na de Noceda, 100 hectáreas; 65 en Cereixedo e en Castro, 20 e está extinguido outro de 75 hectáreas en Donís.

En Palas de Rei, as lapas arrasaron xa 375 hectáreas, e o lume estaba controlado a primeira hora. O mesmo sucede en Santa Mariña de Castro, en Antas de Ulla, 40 hectáreas. A eles hai que engadir outros 83 hectáreas máis doutro lume extinguido en Quiroga.

Pontevedra

Na provincia de Pontevedra:, na parroquia de Guillar, no concello de Rodeiro, o lume arrasa 200 hectáreas e na de Piñeiros, en Covelo suma 20 hectáreas.   

Imaxes: ©Miguel Núñez















También te puede interesar