Durarán 14 semanas e afectarán ao firme e as beiravías
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou hoxe a mellora do firme na autoestrada do Val do Miñor (AG-57) e do tramo A Coruña–Carballo da AG-55, que suporá un investimento de 1,55 millóns.
Aumento do ancho da beiravía
Os traballos consistirán na mellora das características superficiais do pavimento, para o que se aplicará unha capa de microaglomerado en frío. Tamén se executará un recrecido da beiravía, cun ancho variable entre 0,8 e 2,1 metros,
que abarcará a totalidade da AG-57 e 300 metros do ramal AG-57N.
Procederase, así, á eliminación do chanzo lateral nas beiravías da AG-57, xa que actualmente a capa de rodaxe non acada todo o ancho da plataforma. Coa intervención que se vai acometer igualarase en altura todo o ancho da beiravía, mellorando a seguridade.
Algo máis de 3 meses
Tamén se executarán traballos de fresado de 6, 8 ou 12 centímetros, segundo os tramos, e procederase ao selado de fisuras na AG-57 e na AG-57N nunha lonxitude total de 5.5 kilómetros.
Prevese que os traballos se realicen en cinco semanas no caso da AG-55, e en algo máis, arredor de catorce semanas, no caso da AG-57, dependendo sempre das condicións climatolóxicas.