Vigo al minuto

Non hai xeito de parar os incendios que queiman xa más de 30.000 hectáreas

Fotos: Miguel Núñez/ Os servizos de extinción non poden deter o avance das lapas

Non hai xeito de parar os incendios que queimaron más de 30.000 hectáreas

Os servizos de extinción non poden deter o avance das lapas


Imaxes: Miguel Núñez/ Non hai xeio de parar os incendios que levan unha semana quiemando Galicia. Os equipos de extinción non poden deter as lapas que avanzaron 5.000 hectáreas nun día e que seguen activos.

Segundo os datos oficiais, na provincia de Ourense arderon xa de 17.500 hectáreas e máis de 12.000 na provincia de Lugo, unha superficie que outras fontes apuntan a que en Ourense supera as 18.000 e que en Lugo a realidade achégase máis ás 15.000.

Carballeda de Valdeorras

O lume de Carballeda de Valdeorras, en Ourense, espállase sen control algún, e xa queimou 10.500 hectáreas, afectando ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra e chegando xa á provincia de León, obrigando a desaloxar duas parroquias do concello de Ponte de Domingo Florez.

Folgoso do Courel e Pobra do Brollón

O lume de Folgoso do Courel-A Pobra de Brollón, en Lugo, queimou xa 10.000 hectáreas e obrigou a activar a ‘Situación 2’, por proximidade ás casas, nas aldeas de Carballar e Parada dos Montes, en Folgoso, e Busto na Pobra do Brllón.

Vilariño de Conso

Neste concello ourensán, concretamente na parroquia de Pradoialbar, a superficie queimada aumentou a 4.200 hectáreas, no Parque do Invernadeiro -onte, como informaba vigoalminuto, eran 3.800 as hectáreas afectadas.

Oímbra

En total, no concello de Oímbra, en Ourense, arderon 2.800 hectáreas. Neste momento hai activos tres incendios: dous deles estabilizados, o da parroquia de Videferre, con 600 hectáreas queimadas, e o de San Cibrao, con 400. Segue avanzando o de Rabal, que supera as 1.800 hectáreas.

Seceda, Folgoso do Courel

Outro dos incendios que afectan ao concello lucense de Folgoso do Courel, segue descontrolado na parroquia de Seceda. Afecta a máis de 1.100 hectáreas e obrigou a activas a ‘Situación 2’ na aldea de Gamiz.

Cervantes

Neste concello de Lugo, arderon en total 342 hectáreas. Dous incendios están xa apagados, son os das parroquias de Donís (75 hectáreas) e de Noceda (182). Seguen activos os de Cereixo (65 hectáreas) e Castro (20).

Quiroga

Quiroga, tamén en Lugo, viu arder, ata hoxe, 334 hectáreas, delas 83 dun lume xa extinguido, e doutros dous aínda activos, os da parroquia de Outeiro que supera as 250 hectáreas, e de Nocedo, estabilizado, con 15 hectáreas.

Palas e Antas de Ulla

Nestes dous concellos lucenses arderon 375 hectáreas na paqrroquia de Ramil, en Palas de Rei, e 25 na de Santa Mariña do Castro de Amarante, en Antas de Ulla.

Nos últimos días quedaron extinguidos, en Ourense, os incendios de Melón (98 hectáreas); Rivadavia (67 hectáreas) e Cualedro (31 hactáreas).

En Pontevedra os de Baiona, con 46 hectáreas, e Covelo, con 37.










También te puede interesar