Servíronse máis de 2.000 racións de churrasco
Un ano máis, as festas patronais e do churrasco de Covelo, contaron cunha alta participación tanto nas actividades programadas como na propia festa gastronómica na que se venderon todos os tickets.
“Ano tras ano, temos a oportunidade de gozar de tres intensos días de convivencia e confraternidade nas que compartimos diferentes actividades programadas para satisfacer a todas as franxas de idades“, sinala o alcalde.
Pablo Castillo agradeceu o traballo de todas as persoas que estiveron detrás facendo posible que todo saira ben, tamén aos musicos e as súas actuacións e a todo o público asistente.
Máis de 2.000 racións de churrasco con pementos
O alcalde quixo salientar a “especial implicacion de Nito e de todo o equipo de preparación, empratado e reparto do churrasco”, e apuntou que nestes tres días Covelo acolleu concertos, actividades infantís, música de orquestras e de charangas e a súa festa gastronómica, celebrada no campo da feira e nos locais de hostalaría, servindo máis de 2.000 racións de churrasco con pementos.