Destacados Vigo al minuto

O BNG demanda que o Concello mobilice xa 15 millóns ante o agravamento da crise en Vigo

Alerta de que os índices de pobreza medraron un 10% na cidade

Vigo expulsado do 'Pacto das Alcaldías' por non respectar o pacto contra o cambio climático

Alerta de que os índices de pobreza medraron un 10% na cidade

O Bloque Nacionalista Galego demandará no vindeiro Pleno municipal, previsto para este mércores, que o Concello de Vigo despregue medidas urxentes fronte ao agravamento da crise. Dende o BNG denúncian a “incapacidade dos Gobernos galego e español para enfrontar o actual contexto”, polo que pide mobilizar o máximo de recursos municipais ante o “empeoramento de todos os indicadores sociais e económicos na cidade”.

“Situación de emerxencia social”

“Despois de non termos superado completamente a crise do ano 2008, os efectos combinados da pandemia, da guerra da Ucraína e o incremento descontrolado da inflación están a provocar unha situación crítica de emerxencia social”, subliñou o concelleiro do BNG en Vigo.

Xabier P. Igrexas alertou que só nos últimos meses a carestía da vida derivou nun aumento do 10% nos índices de pobreza na cidade.

O Concello ten capacidade económica e pode destinar 15 millóns de euros

Igrexas salientou que o Concello conta cunha ampla capacidade económica para despregar un “ambicioso” programa de medidas que evite que esta crise “se torne nun novo saqueo antisocial”.

Neste sentido, a moción das nacionalistas reclama una modificación orzamentaria de 15 millóns de euros para financiar un “parapeto social” a nivel municipal. “Pouco máis do que quere enterrar Abel Caballero no ascensor Halo de Star Trek ou apenas un 25% do que se vai investir polo momento na reforma do Estadio Municipal de Balaídos“.

Medidas ante o desemprego e a inflación

Entre as medidas propostas polo BNG, Igrexas destacou a necesidade de aumentar en 5 millóns de euros o orzamento do Plan Municipal de Emprego. O concelleiro do Bloque asegurou que a falta de oportunidades laborais é unhas das principais preocupacións das viguesas e dos vigueses diante da continuada “desertización produtiva” na cidade, coa destrución de 2.000 empregos industriais no que vai de ano e máis de 10 mil desde 2009.

Perda de poder adquisitivo

Ante a perda de poder adquisitivo, derivada do incremento disparado da inflación un 11,7%, o BNG chama a ampliar as partidas sociais, entre elas, unha convocatoria extraordinaria do coñecido como cheque social e aumentar as axudas de emerxencia destinado a cubrir gastos básicos.

Na mesma liña, pide poñer en marcha dun programa de distribución de alimentos e bens de primeira necesidade para persoas en exclusión social e pobreza, que superan xa as 60.000 na cidade, e facer gratuíto o autobús urbano para desempregadas de longa duración e perceptoras de axudas sociais como a Risga ou o IMV.


Un 30% máis de persoas acoden aos servizos sociais
do Concello

Igrexas alertou ademais do incremento dun 30% das persoas que acoden aos servizos sociais municipais desde 2020, unha evidencia da situación crítica e das dificultades de moitos fogares para facer fronte ao contexto actual de crise.

“É preciso reforzalos con máis persoal para axilizar a atención das máis vulnerábeis, que hoxe teñen que esperar nalgúns casos até mes e medio”, denunciou o concelleiro do Bloque.

Vivenda

A vivenda é outro dos problemas sociais apuntados pola fronte nacionalista, cuxos “prezos de alugueiro son os máis caros de Galiza e medraron até un 40% nos últimos cinco anos”, mentres que os de compravenda subiron este ano un 7,3%, triplicando o aumento rexistrado a nivel estatal.

O edil nacionalista insistiu na prioridade de crear un parque de vivenda municipal, nomeadamente da oferta en réxime de alugueiro social, así como buscar fórmulas para incorporar a este parque as miles de vivendas que teñen a Sareb e as entidades financeiras rescatadas con diñeiro público.

Apoio ao pequeno comercio de Vigo

Desde o BNG valoraron tamén urxente medidas de apoio ao pequeno e mediano comercio local, para o que demandan crear un bono de consumo para familias de baixos recursos dotado con 3,5 millóns de euros. Aliás, reclamaron estudar a modificación das ordenanzas fiscais para ampliar as exencións, bonificacións e facilidades de pagamento, tanto familias como para o comercio, co obxectivo de facer as taxas máis “xustas e progresivas”.

También te puede interesar