Comarcas Vigo al minuto

O Pleno do Porriño rexeita a proposta de orzamentos para este ano

O alcalde advirte de que coas contas de 2018 non se garanten os servizos básicos

O Pleno do Porriño rexeita a proposta de orzamentos para este ano

O alcalde advirte de que coas contas de 2018 non se garanten os servizos básicos

As concelleiras e concelleiros de PSOE, BNG, EUSon, UDDL e a concelleira escindida do grupo socialista, Lourdes Mouren, rexeitaron a proposta de orzamento para 2022, presentada polo Goberno municipal do Porriño, integrado polo Partido Popular.

A prorroga dos orzamentos “dificulta a prestación dos servizos básicos”

O Goberno local levou este xoves a Pleno a súa proposta económica, sete meses despois da investidura do novo alcalde. Alejandro Lorenzo lamentou que se rexietase a súa proposta e apuntou que “o desenvolvemento da actividade municipal con cargo ao orzamento prorrogado do 2018 dificulta enormemente a xestión diaria impedindo, entre outras cuestións, a prestación regular de servizos básicos ao non contar con partidas. En resumo, non permite dar cobertura ás necesidades básicas do Concello nin da súa veciñanza”.

Preto de 28 millóns

As contas presentadas polo executivo local ascenden a 27.889.763 euros, dos cales 18.602.039 corresponden a actuacións esenciais financiadas con ingresos ordinarios e 9.287.724 euros a unha operación de crédito para inversións de primeira necesidade para a veciñanza como a acometida de rede de saneamento (3,5 M de euros), a dotación de vivenda de protección oficial (2,5 M de euros) e a supresión do paso a nivel (3 millóns de euros).

Orzamentos “precipitados, sen traballar e sen consensuar”

“Traemos unhas contas traballadas,  deseñadas para poder atender ás necesidades reais dos veciños,   retomar a senda do cumprimento do Período Medio de Pago e por suposto, para a recuperación económica do Concello”, subliñou o alcalde. Opinión que non compartiron os voceiros da oposición para os que os orzamentos son precipitados, non están suficientemente traballados e non se consensuaron.

Incremento do gasto corrente nun 40% e 10,1 M de euros de débeda heredada

A proposta  foi elaborada polo Goberno local tendo en conta a débeda pendente de pago que, a 31 de decembro de 2021, ascende a 10.105.887,11 euros. Unha cifra que se consolida cos 5,4 millóns de euros que se deben en facturación irregular rexistradas entre os anos 2017 e 2018, os 4,1 millónse que reclama o Concello de Vigo en concepto de explotación do canal de Eiras, e 543.000 euros para facer fronte ao pago de xustiprezos.  Unha cantidade que, sumada ao gasto de funcionamento corrente dunha administración, impide realizar inversións de maneira sostible.

También te puede interesar