Galicia Vigo al minuto

Os transportes especiais poderán circular gratis de noite pola Autoestrada AP-9

O treito Santiago-Ferrol, polo derrube do viaduto da A-6 en Pedrafita

Transportes especiais poderán circular gratis de noite pola Autoestrada AP-9

O treito Santiago-Ferrol, polo derrube do viaduto da A-6 en Pedrafita


Desde este martes os transportes especiais de mercadorías poderán circular gratis polas autoestradas AP-9 e AP-53, segundo vén de informar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma).

En concreto serán os que superen os 26 metros de lonxitude e 3 metros de ancho e poderán transitar pola A-53, sentido Alto de Santo Domingo-Santiago e a AP-9, no treito entre Santiago-Ferrol, de 22:00 a 06:00h.

Trátase dunha medida provisional-que durará ata o 31 de decembro deste ano ou ata que se atope unha solución alternativa- logo do derrube do viaduto de O Castro, na A-6.

O Ministerio traballa nunha solución que permita conectar a estrada N6 coa autovía A6 e acabe co colapso do tánsito nesta zona.




También te puede interesar