Galicia Sucesos

Os incendios de Boiro, Caldas e Ponte Caldelas arrasaron xa 3.000 hectáreas

Queda desactivada a alerta por proximidade a casas no incendio de Ponte Caldelas

O lume arrasa xa 30 hectáreas en Ribadavia

Queda desactivada a alerta por proximidade a casas no incendio de Ponte Caldelas


A Xunta desactivou este domingo pola mañá a alerta por proximidade ás casas no incendio declarado o venres na parroquia de Xuntáns, no concello de Ponte Caldelas -que chegou a Pontevedra- e afecta a 380 hectáreas.

Ata o momento, as lapas arrasaron máis de 3.000 hectáreas nos tres grandes lumes que seguen activos á hora de escribir esta información: Boiro, Caldas e Ponte Caldelas.

‘Controlado’ o incendio de Caldas

Medio Rural informa de que esta ‘controlado’ o incendio que comezara na parroquia de Saiar, no concello de Caldas de Reis-que chegou ata Vilagarcía de Arousa-. Dacordo cos datos provisionais da Xunta, ata as 8 da mañá de hoxe arderon ao redor de 450 hectáreas.

Boiro, 2.200 hectáreas arrasadas

Dende a Consellería de Medio Rural aseguran que o lume que comezou na parroquia de Cures, en Boiro, “evoluciona favorablemente”. O mesmo queimou 2.200 hectáreas, ata hoxe, chegando tamen a Ribeira e A Pobra do Caramiñal.




También te puede interesar