Entrando na web www.depo.gal
A Deputación de Pontevedra mantén aberto o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas que desexen participar na última “Depo Ruta BTT” prevista para o 18 de setembro no concello de Forcarei. Esta actividade está incluída no programa “Depoactívate” co que a Deputación quere fomentar os hábitos saudables a través da práctica de actividade física e deportiva en contacto coa natureza.
200 prazas
A institución provincial ofrece un total de 200 prazas para esta ruta na que as persoas interesadas en participar poden inscribirse cun formulario xa dispoñible na web provincial www.depo.gal.
30 quilómetros
Esta “Depo Ruta BTT” transcorrerá polo concello de Forcarei, visitando lugares emblemáticos da Serra do Candán como o Alto do Candán, o Alto do Coco ou as Neveiras de Fixó. Tratarase dunha ruta circular que terá como punto de saída e chegada a Casa da Escola de Fixó. A Ruta ten unha percorrido de 30 quilómetros e un desnivel de 950 metros, polo que se considera de dificultade media-alta.
En bici polo monte
As “Depo Rutas BTT” ofrecen percorridos en bici polos montes da provincia de Pontevedra, que esconden unha riqueza natural, ecolóxica e patrimonial inigualable. Están dirixidas a persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza, descubrindo a posibilidade de viaxar doutra maneira nunha aposta pola actividade física como forma de vida para coñecer e descubrir a variedade patrimonial da nosa provincia.