Foi adquirido con fondos propios do Concello por un importe de 145.200€
O Concello de Covelo vén de comprar un novo camión para a recollida do lixo. Este vehículo, apunta o alcalde, Pablo Castillo, adquiriuse con fondos propios do Concello por un importe de 145.200€.
Altas prestacións
Este camión, que se suma aos dous vehículos existentes para a recollida de contedor verde e selectiva, destínase á recollida e tratamento de residuos. O vehículo ten unha capacidade máxima de carga de 18.000kg e unha tolva compactadora para 12m3, caixa de cambios automática para seis velocidades, aire acondicionado, cámara traseira e espazo para tres persoas na cabina.
Última tecnoloxía
Entre outras moitas características, o chan da caixa contará cunha bandexa para a recollida de lixiviados que serán extraídos por medio dunha válvula con billa exterior da caixa do lado dereito. A tolva estará dotada duna válvula con billa para a retirada de líquido no súa parte inferior dereita
O equipo está equipado cun sistema de uso en función manual para os casos nos que os sistemas automáticos se avaríen co fin de que o vehículo poida terminar a recollida e/ou descarga en tal caso.
Tamén conta con estribeiras pregables con control de presencia mediante detector de peso e goma de protección, o vehículo apagarase cos estribos baixos no momento no que se active a marcha atrás conforme a norma UNE 1501.
Ademais ten un limitador a 30 km/h e inhibición de marcha atrás con operario en estribeira conforme a esta mesma norma.