Galicia Vigo al minuto

Máis de 311.000 rapazas e rapaces volven a clase o xoves

Son 5.725 menos que o curso pasado

Máis de 311.000 rapazas e rapaces volven a clase o xoves

Son 5.725 menos que o curso pasado


O vindeiro xoves, día 8 de setembro, 311.179 rapazas e rapaces galegos volverán ás aulas. Segundo os datos de Educación hai unha baixada considerable de estudantes en relación co curso pasado.

Caída de estudantes en Infantil, Primaria e Educación Especial

Exactamente son 5.725 menos, unha caída motivada pola baixada de matriculacións en Educación Infantil, Primaria e Especial (-6.861), fronte ao lixeito aumento na ESO (+390) e Bacharelato (+746).

Por etapas

Por etapas educativas, no curso 2022-2023, en Educación Infantil hai 51.757 matriculados, 4.906 menos que o curso pasado; en Primaria 129.063 (o que supón 1.885 menos); e 1.080 en Educación Especial (70 menos).

En Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) hai 95.100 alumnos (390 máis) e en Bacharelato ordinario son 34.179 (o que representa 746 máis).

Serán 1.591 os centros educativos que inicien a súa actividade o vindeiro xoves, deles 1.206 públicos (o 75,8%), e 385 privados (o 24,2%).

También te puede interesar