Vigo al minuto

95 estudantes de Medicina cursan dende hoxe o 6º curso de carreira en Vigo

Son 69 mulleres e 25 homes

95 estudantes de Medicina cursan dende hoxe o 6º curso de carreira en Vigo

Son 69 mulleres e 25 homes

Vigo recibiu hoxe aos 95 alumnos e alumnas da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago69 mulleres e 26 homes- que cursarán sexto ano de carreira nos centros sanitarios públicos da cidade.

Desde o ano 2014, no que recibiuse aos primeiros alumnos de 6º de medicina (11) ata a actualidade, tense formando a case 800 estudantes na práctica clínica. Con esta nova promoción que inicia hoxe o curso se consolida así a capacidade docente da sanidade pública viguesa.

28 profesores asociados e 752 colaboradores docentes

No transcurso do acto de recepción, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, felicitou á nova coordinadora da Docencia de Grao, a doutora Ana Concheiro, e subliñou que este ano haberá 5 prazas máis de Profesor Asociado de Ciencias da Saúde, polo que este curso será impartido por un total 28 profesores asociados e 752 colaboradores docentes.

Formación integral

Os alumnos de Medicina realizan o seu último ano nun hospital, cun curso práctico no que se lles imparte un programa docente baseado na rotación por diferentes especialidades médicas e cirúrxicas.

En total, traballan sete materias: clínica médica, clínica cirúrxica, urxencias e servizos centrais, clínica obstétrica e xinecolóxica, clínica pediátrica, clínica psiquiátrica e medicina familiar e comunitaria. Durante este período lectivo, os alumnos cumpren un horario de 8.00 á 15.00 horas, e tamén realizan  gardas.

Na actualidade, na Área Sanitaria de Vigo hai un total de 1.500 estudantes, ademais dos de Medicina, que cursan diversas disciplinas nos centros asistenciais. 

Te podría interesar