Comarcas Vigo al minuto

O Concello do Rosal mellora os camiños municipais

En colaboración coa Mancomunidade do Baixo Miño

O Concello do Rosal mellora os camiños municipais

En colaboración coa Mancomunidade do Baixo Miño

O Concello do Rosal vén de rematar dous intensos meses de colaboración coa Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño para a posta a punto dos camiños rosaleiros.

Unha decena de camiños

Unha mellora das sendas de acceso ao río Miño dende As Eiras ata Pías, así como dunha decena de camiños asfaltados coa que o Goberno municipal busca “unha recuperación destas zonas ao abeiro da estratexia de mellora progresiva dos camiños do Rosal, garantindo o seu mantemento e recuperación empezando por aquelas zonas que presentan un maior estado de deterioro e que son empregados con maior frecuencia e por un maior número de veciños e veciñas”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

7.300m2

A través desta colaboración, a Mancomunidade achega a maquinaria necesaria para os labores de preparación e asfaltado en frío, así como tres operarios que traballaron man a man durante este tempo con operarios municipais para abordar máis de 7.300 metros cadrados de camiños.

A contorna do Camiño da Lomba e a ponte de Pau foron as zonas onde se arranxou unha maior superficie de camiños, con case 2.250 metros cadrados asfaltados, seguida das Eiras (case 1.700 m2), San Miguel (1.570 m2), Tabagón (case 1.000 m2), a contorna do Carrascal (900 m2) ou algún tramo en Portecelo.

Como salienta a alcaldesa, “dende o Concello queremos que todos os espazos de lecer sexan accesibles para a veciñanza, por iso traballamos na mellora progresiva dos camiños secundarios do Rosal”. Unhas melloras polas que seguirá apostando o Goberno municipal, que sacará en breve a licitación pública o asfaltado de máis camiños e estradas.

También te puede interesar