E uso de desfibriladores
O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, organizou un curso de Soporte Vital Básico e DESA (desfibrilador Semiautomático), impartido por instrutores pertencentes ao corpo da Garda Civil e un facultativo pertencente ao servizo UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Na formación sobre ambas técnicas participaron axentes da Policía Local así como persoal dos distintos departamentos minicipais.
Técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP)
O obxectivo desta iniciativa é que os axentes e o persoal municipal coñezan a cadea de supervivencia e poñan en prácticas técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), o uso de desfibriladores e intervención de efectivos policiais e sanitarios en accidentes de circulación con uso de cascos de protección.
Unha actuación que salva vidas
Así se formou ao persoal en como actuar ante unha situación deste tipo ata a chegada dos servizos sanitarios, xa que na maioría de situacións de emerxencias son os policías os primeiros en asistir debendo actuar con rapidez. A acción formativa consistirá en realizar teoría e prácticas das manobras de uso do desfibrilador externo semiautomático, así como aprender técnicas para resolver situacións de obstrución da vía aérea por corpos estraños (OVACE).
“Trátase dunha formación altamente demandada socialmente, dada a relevancia ao poder prestar servizo de primeira intervención de apoio mentres chegan os servizos médicos ao lugar para atender a emerxencia”, destaca o alcalde, Carlos Gómez Prado.