Cultura Vigo al minuto

As actuacións do Xacobeo congregaron a máis de 6.000 persoas no Mar de Vigo

Dende Texas a Fat Freddy’s Drop, pasaron polo auditorio este verán

As actuacións do Xacobeo congregaron a máis de 6.000 persoas no Mar de Vigo

Dende Texas a Fat Freddy’s Drop, pasaron polo auditorio este verán

A primeira edición do Ciclo Xacobeo Vigo, celebrado no Auditorio Mar de Vigocongregou a 6.000 espectadores nos concertos programados ao longo deste verán. Polo ciclo pasaron seis bandas de prestixio internacional, combinando as actuacións nos dous grandes espazos do recinto, o auditorio principal e a súa espectacular terraza.

Texas, Steve Vai, Yann Tiersen ou Mayumaná 

Un dos concertos estrela do ciclo foi o da banda escocesa Texas na terraza do Mar de Vigo. Un evento que esgotou as entradas varias semanas antes da data programada para a actuación, así como a do lendario guitarrista americano Steve Vai, o concerto máis concurrido no auditorio principal.

Neste espazo central, tamén deleitaron ao público o multiinstrumentista bretón Yann Tiersen e a banda israelí Mayumaná, que pechou con enorme éxito o ciclo o pasado domingo, co seu novo espectáculo ‘Currents’.

Fat Freddy’s Drop e Cimafunk

A terraza do Mar de Vigo acolleu tamén dentro do Ciclo Xacobeo Vigo a dúas bandas internacionais que este verán pasaron por algúns dos festivais máis prestixiosos do mundo. Por un lado, os neozelandeses Fat Freddy’s Drop, que estiveron por vez primeira en Galicia, e os cubanos Cimafunk, a gran banda revelación da nova música cubana.

Coa programación destas actuacións do Ciclo Xacobeo Vigo, enmarcada dentro da iniciativa Concertos do Xacobeo, o Mar de Vigo optou este verán por unha diversificación na programación da súa terraza. Xunto coas actuacións do Festival TerraCeo, polo que pasaron máis de 9.000 persoas.

Te podría interesar