Ata o venres
A empresa que realiza os traballos de humanización da Avenida Santa Mariña deu conta onte da aparición dunha incidencia nas obras, “totalmente allea ao Concello“, sinalan dende o Goberno municipal de Redondela.
A mesma fai preciso o corte dun dos carrís de circulación na avenbida para “atallar o problema de xeito inmediato”, polo que “non houbo tempo para transmitir á cidadanía a realización deste corte de tráfico”, explica a alcaldesa Digna Rivas.
Ata o venres
O tráfico rodado está sendo regulado por semáforos e o Goberno local conta con que o venres estea totalmente restablecida á normalidade.
A alcaldesa lembra que tanto ás obras que se realizan na Avenida Santa Mariña como as que se desenvolven na Praza de Ponteareas “transformarán as dúas principais vías de entrada ao casco urbano convertendo eses espazos en lugares máis agradables para a cidadanía e gañando zonas de ocio e desfrute para as veciñas e veciños”.