Destacados Vigo al minuto

Comeza en Vigo a 6ª edición do Galician Freaky Film Festival

Ás 19:00h. no Auditorio do Concello

Comeza en Vigo a 6ª edición do Galician Freaky Film Festival

Ás 19:00h. no Auditorio do Concello

Este venres comeza en Vigo a 6ª edición do Galician Freaky Film Festival GFFF, un festival de cinema diferente e gamberro, cheo de sentido de humor e cunha sección oficial pensada para deixarnos “co cú torcido”.

O festival inaugúrase ás 19h, no Auditorio do Concello coa proxección deThe Hunchback of Notre Dame, filme mudo de 1982 musicado en directo e para a ocasión por Caspervek Orquestra, con 11 músicos en escena. A continuación, ás  proxectarase The Thing (La cosa), obra de referencia no terror e ciencia ficción que cumpre 30 anos en 2022.

Sábado

O sábado 24, no Auditorio do Concello, é o turno do Pequefreak, xornada dirixida a inculcar o amor polo cinema nos nenos, con obradoiro de efectos especiais, realidade virtual e proxección de curtas sorprendentes e nunca vistas en Galicia.

Mércores, 28 e sábado 1 de outubro

Continúa do mércores 28 de setembro ao sábado 1 de outubro na Praza Elíptica, coas proxeccións da sección oficial de curtametraxes, os primeiros filmes de Peter Jackson, exposición, coloquios, presentacións e sorpresas en forma de performance.

Xa podes reservar as entradas en https://galicianfreakyfestival.com/entradas/

También te puede interesar