Destacados Vigo al minuto

A CUT cuestiona o proceso para as eleccións sindicais en Stellantis Vigo

O sindicato presentou distintos escritos pedindo que “cumpra a lei”

A CUT cuestiona as eleccións sindicais en Stellantis Vigo

O sindicato presentou distintos escritos pedindo que “cumpra a lei”

O Sindicato CUT vén de advertir que non consentirá que SIT,UGT e CCOO deixen en mans da Dirección as ‘Eleccións Sindicatis’ en Stellantis.

Así, adiantan os seus responsánbeis, vai poñer todos os seus esforzos para que “o día que se celebren as votacións o proceso sexa o máis limpo posible”. Para conseguilo, subliñan, “acudiremos a cantos laudos sexa necesario para sacar as garras da empresa deste proceso electoral“.

Presión da empresa

Dende a CUT aseguran que o sindicato “ten constancia de que a empresa Stellantis Vigo esta presionando aos organismos públicos porque non lle gusta o laudo 11, e 12 de 2022 ditado nas actuais eleccións sindicais”, que retrotraen o proceso electoral ao inicio.

Así, pediu a recusación do arbitro o día 14, aludindo a que sempre lle toca o mesmo e que non e imparcial. Aluden, apuntan dende a CUT, que en 2018 ditou ese mesmo arbitro, catro laudos máis os dous deste ano -dous a favor e dous en contra da empresa-. “Cando os laudos lle saen favorables Stellantis non se queixa e cando saen desfavorables denuncia nos xulgados e perde, non sendo isto culpa do arbitro”.

Suposta indefensión

Asimesmo a empresa, engaden dende a CUT, “di que se están a crear unha indefensión para cos sindicatos SIT, UGT e CCOO dende o punto de vista procesual”, neste sentido a CUT salienta queé a empresa a que se arroga a defensa
dos intereses dos sindicatos
cos que ten firmado un acordo para o desenrolo electoral que deu lugar a laudo que ordenou retrotraer o proceso”.

‘Cómplices’

A CUT asegura ter constancia de que “os sindicatos UGT e CCOO remitiron escritos a OPR para condicionar o resultado dos laudos interpostos”. En concreto, UGT con data 19 setembro, solicita que sexan tres os árbitros, “xa que o laudo 12 non lles gustou, e con data 22 setembro, solicita que como sindicato representativo se teñan en conta as súas consideracións en futuros laudos”.

Sobre este tema dende a CUT manifestan que “UGT e CCOO, ao noso entender son cómplices, xunto á empresa, das irregularidades denunciadas por CUT. Asinaron xunto aos respònsábeis de Stellantis un documento que constituía primeiro a Mesa Electoral Central (MEC) e despois o resto das mesas , cando o proceso debe ser a inversa. ( laudo 11, 12/2022)”.

Ademáis CCOO di.. “procesos electorais onde as mesas electorais, co asesoramento e apoio dos sindicatos, esquecendo que en Stellantis a Mesa Electoral Central (MEC) nomeou unha asesora da empresa co voto favorable de SIT, UGT e CCOO”.

Resposta

Por todo isto, dende o luns día 19, en que se constituíu novamente a Mesa Electoral Central (MEC), a CUT rexistrou ata 22 escritos. “Ante as respostas da MEC (que esta asesorada por unha avogada de Stellantis) a CUT presentou dous novos laudos, ata o momento”.

En ámbolos dous laudos solicita retrotraer o proceso electoral ao momento de constitucións das mesas e que estas se fagan acorde a lexislación e os laudos de 2018 e as sentencias ditadas sobre o anterior proceso electoral en Citroen Vigo.

A CUT non comparte os argumentos dos sindicatos que deixan en mans da empresa un proceso electoral e asesoramento porque esta sexa unha empresa moi grande e complexa. Entende que Stellantis decide unilateralmente o número de mesas electorais e polo tanto o número de electores de cada mesa, “moi por debaixo das 250 persoas que
marca a lexislación e SIT, UGT e CCOO, comparten ese argumento ao igual que fixeron en 2018. E consideramos que o proceso nace viciado”.

Cumprimento da lei

“Stellantis Vigo xa ten o suficiente peso nas administracións públicas, como para precisar axuda dos sindicatos de “clase” na posible inxerencia no proceso electoral”, aseguran os representantes da CUT que entenden que “a lei debe prevalecer sobre as necesidades e presas da empresa”.

“Corenta anos de maioría absoluta do sindicato da empresa, abalan a nosa teses de que os procesos electorais na antiga Citroen non son todo o limpos que deberían”.

También te puede interesar