O Concello súmase ao programa europeo WiFi4EU
O Concello de Tui ven de implantar unha rede WiFi municipal no marco do programa europeo WiFi4EU. Grazas a esta iniciativa contan con cobertura wifi gratuíta á Praza do Concello, as rúas Porta da Pía, Bispo Castañón, Calvo Sotelo
e o Paseo da Corredoira.
Acceso libre á rede en espazos públicos
Este programa WiFi4EU promove o acceso libre dos cidadáns á conectividade de banda ampla en espazos públicos coma parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde ou museos de municipios de toda Europa.
A actuación realizada en Tui supuxo o despregue de 10 puntos de acceso WiFi exterior que a través da rede de nome “WiFi4EU”, permite ofrecer tanto a cidadáns e visitantes un servizo de acceso a Internet de calidade.
Gratuito, seguro e as 24 horas
Así, calquera usuario ubicado na área de cobertura da rede “WiFi4EU” poderá acceder de xeito seguro e gratuíto as 24 horas do día á conexión. Cando sexa a primeira vez que se conecte á rede, a persoa usuaria será redirixida a unha páxina segura de inicio de sesión (portal cativo).
Investimento de 15.000 euros
O investimento realizado ascende a 15 mil euros que foron financiados pola Unión Europea e este novo servizo de wifi municipal gratuíta pretende complementar outros proxectos ligados á posta en valor do patrimonio cultural tudense.
Impulso ao turismo
Entre eles están actuacións de sinalización mediante códigos QR; roteiros autoguiados; acceso a Internet en mobilidade e promovendo a visibilidade do concello animando aos usuarios para compartir a súa experiencia en redes sociais.
Con esta iniciativa o concello de Tui súmase á rede de municipios europeos que xa ofrecen este servizo, promovendo o uso de novas plataformas e servizos dixitais innovadores, facilitando a comunicación gratuíta tanto a residentes como visitantes.