O Concello organiza un roteiro ao punto geodésico máis alto da provincia, este sábado día 1
Organizada polo Concello de Covelo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GDR Condado Paradanta, esta fin de semana 30 persoas poderán gozar do roteiro guiado e observación estelar no alto do Castelo do Faro. Esta proposta, ademais, está deseñada dentro da estratexia de promoción turística que o goberno de Covelo desenvolve tanto en tempada alta como baixa.
A 1.154 metros de altitude
Este sábado ás 17:30 horas partirán da igrexa de Prado as e os participantes nesta actividade para subir ao miradoiro paisaxístico do Faro, o punto xeodésico máis alto de Pontevedra con 1.154m de altitude situado na parroquia de Prado.
De 11 da noite a 2 da madrugada observarán o firmamento da man da Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía. Así, as persoas interesadas en participar nesta actividade de interpretación astronómica deberán contactar nos números de teléfono 622 676 355 / 986 65 00 27.