Destacados Vigo al minuto

Folga indefinida na limpeza de contedores de Stellantis Vigo

Dende o vindeiro luns, día 3 de outubro

Folga indefinida na limpeza de contedores de Stellantis Vigo

Dende o vindeiro luns, día 3 de outubro

O comité de empresa Grupo Urbano Bernabé, contrata de Stellantis Vigo que se encarga da limpeza e do
estibado dos contedores e dos embalaxes baleiros da fábrica, convoca folga indefinida dende o luns, 3 de outubro. Rexeita así «os plans da compañía de precarizar as condicións de traballo».

60 empregados

Segundo denuncia o Comité, a dirección pretende substituír de xeito unilateral o actual convenio provincial de limpeza de Pontevedra polo de Transporte de Mercadorías por Estrada, co conseguinte prexuízo económico, social e
de estabilidade laboral para os arredor de 60 traballadores.

Responsábeis das tres centrais con representación na empresa -CIG, CGT e UGT- explicaron en rolda de prensa que o paro indefinido dará comezo ás 6:00 horas do vindeiro luns como único xeito de intentar «evitar que a empresa deixe o cadro de persoal sen o convenio que regula as súas condicións laborais dende a externalización do servizo en 1987».

Obrigación de subrogar aos traballadores

En virtude deste convenio, o de Limpeza da provincia de Pontevedra, as distintas empresas concesionarias do servizo ao longo destes anos estaban obrigadas a subrogar os traballadores e as súas condicións laborais, algo que non sucederá se Urbano Bernabé pasa a aplicar o de Transporte de Mercadorías por Estrada.

Este convenio, sinalan os representantes sindicais, “nada ten que ver coas labores que realizar o persoal da empresa”, polo que para o Comité está moi claro que «o que pretende a dirección é precarizar as condicións laborais».

Multiplícanse os recortes

Os sindicatos censuran que dende que este grupo empresarial se fixo cargo do servizo os recortes que se veñen sucedendo dende hai anos – con externalización de labores a outras empresas con condicións laborais máis precarias- non fixeron máis que multiplicarse, ao tempo que «aumentaron tamén os abusos e os incumprimentos».

Por iso, despois de meses de mobilizacións, de numerosas denuncias diante da Inspección de Traballo e de intentos infrutuosos de manter unha xuntanza con Stellantis -responsábel última do servizo-, “os traballadores/as vense na obriga de iniciar unha folga indefinida en defensa das súas condicións de traballo”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.