Conta con 50.000 exemplares
O Concello de Nigrán finalizará este luns o traslado de libros da vella á nova Biblioteca en Estrada pola Vía.
Os 50.000 exemplares xa ocupan os novos andeis tras contratar o Concello á mudanza a unha empresa especializada neste traballo. O goberno local calcula que precisará dúas semanas máis para poder abrir as portas ao público de xeito normalizado.
Clases de música
Paralelamente, o obxectivo é que as clases da escola municipal de Música empecen antes xa no edificio da vella biblioteca como sede permanente desta actividade cultural do Concello.
A infraestrutura de Estrada pola Vía foi xa amoblado e dotada de equipamento informático as pasadas semanas pola empresa adxudicataria Sutega tras investir o Concello a tal efecto 169.158 € do Remanente de Tesourería. A caixa de correos para devolución de libros permanecerá operativa no Ceán mentres dure o traslado.