Destacados Vigo al minuto

Premio para a Unidade de Enfermería de Oncoloxía do Meixoeiro polo seu traballo de investigación

Sobre o impacto emocional dos pacientes con cancro

Premio para a Unidade de Enfermería de Oncoloxía do Meixoeiro polo seu traballo de investigación

Sobre o impacto emocional dos pacientes con cancro

O persoal de enfermaría da Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital Meixoeiro recibiu un premio estatal polo seu labor en investigación no impacto emocional dos pacientes oncolóxicos.

Método pioneiro en España

Este método, pioneiro en España, serve para detectar pacientes con altos niveis de distrés ou malestar emocional, contando ademais co valor engadido da plataforma dixital ARIA, a través da que ponse en contacto, de maneira inmediata, aos pacientes cun equipo de psicólogos especializados para o seguimento e valoracións posteriores.

O galardón, concedido pola Sociedade Española de Enfermaría Radiolóxica no seu XX Congreso, inclúe unha dotación económica así como a publicación da comunicación nunha importante revista científica.

‘Clave’

Este recoñecemento dáse nun momento clave, pois diferentes organismos científicos están a detectar unha crecente necesidade de controlar os niveis de malestar emocional, tamén denominado “distrés”, nos pacientes oncolóxicos.

Ante esta situación, o equipo de enfermaría do servizo de Radioterapia do Hospital Meixoeiro puxo en marcha este sinxelo cribado -unha enquisa verbal ao inicio do tratamento- para detectar o malestar emocional nos pacientes oncolóxicos.

“Dende a súa implantación, hai tan só dez meses, os datos recollidos polo servizo mostran os bos resultados deste sistema, realizado dunha forma nada invasiva e acadando un incremento da derivación a consulta psico-oncoloxía”, sinala o supervisor de Enfermería desa Unidade, Manuel Enguix. Acadar estas cifras en tan pouco tempo fai que actualmente se estude a súa implantación noutras Unidades de Radioterapia.

A importancia da detección do malestar emocional

O distrés é un concepto moi amplo, incluíndo sentimentos como a angustia, ansiedade, medo ou tristeza, e forma parte da reacción natural das persoas fronte a emocións negativas (un diagnóstico, unha cirurxía, o resultado dunha proba…), nalgunhas ocasións pode derivar en trastornos mentais máis severos se non é detectado a tempo.

Cuantificar o chamado distrés permite melloras de ata o 80% na atención integral a pacientes oncolóxicos e mesmo na resposta a tratamentos de radioterapia

 “O control do distrés en Oncoloxía é de gran importancia xa que permite actuar en caso de necesidade, axudando aos pacientes proporcionándolles ferramentas para afrontar mellor a súa doenza e mellorar a súa calidade de vida”, conclúe Enguix.

También te puede interesar