Destacados Vigo al minuto

O Casco Vello de Vigo adxudica 15 locais con alugueiros de entre 70 e 255€ ao mes

Estarán ocupados por emprendedores, negocios e actividades comerciais e culturais

Más millones para la rehabilitación del Casco Vello

Ocupados por emprendedores, negocios e actividades comerciais e culturais

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) adxudicará este xoves, nun consello extraordinario, o alugueiro de 15 locais a novos negocios, emprendedores e actividades comerciais e culturais.

Segundo a presidenta do Consorcio, Marta Fernández-Tapias, “o proceso foi un éxito e de xeito inmediato un total de quince empresas poderán abrir as súas portas no barrio histórico, o que suporá unha importante dinamización da zona”

De 70 a 255€ de aluguer

O Consorcio remata así o proceso iniciado o pasado mes de xuño coa publicación das bases do concurso de alugueiro dos locais con prezos que van desde os 70 euros (rúa San Sebastián, 8) o máis barato ata os 255 euros o máis caro (Subida á Costa, 5).

Catro dos baixos comerciais concentraron a maioría das ofertas e recibiron un total de 44 propostas. O inmoble de Abeleira Menéndez 16 tivo dezaseis candidatos, mentres que o da rúa Santiago 15 chegou ata as once, o de Santiago 19 outras nove e San Sebastián 16 recibiu oito máis.

Outros cinco baixos

O proceso continuará agora coa posibilidade de adxudicación directa doutros cinco baixos comerciais, tal e como recolle o prego de condicións. Así, nos vindeiros días publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) o concurso coa descrición dos locais e as condicións de alugueiro.

También te puede interesar