De 18:00 a 20:00 h.
Tanxugueiras estarán este xoves -de 18:00 a 20:00h. na Fnac de Vigo asinando o seu novo disco, titulado “Diluvio”.
O trío formado por Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro volve co seu terceiro disco no que se confirman de novo como a (r)evolución da música traidional galega.
Tradición e ritmos urbanos
Neste disco podemos atopar os sons dunha tradición milenaria fusionada con ritmos urbanos. As artisas veñen dunha longa xira e comezan esta semana unha rolda de visitas que as levará por varias Fnac de España inlcuindo Vigo, este xoves 20 e A Coruña o venres 21.
Este verán, encheron Castrelos
En contra do que aseguraban os agoreiros, seguindo a algún medio de comunicación que tentara deixar a Tanxugueiras como a irmá pobre dos concertos de verán en Vigo, o pasdo mes de xullo, Sabela, Olaia e Aida encheron Castrelos, con público mái aló das gradas, coreando, cantando e seguindo o ritmo das antigas cancións e das novas deste último traballo, ‘Diluvio’.