Vigo al minuto

Traballo sanciona á empresa da limpeza de contedores de Stellantis por vulnerar o dereito de folga

Contratou a 12 persoas logo de que comenzara o paro indefinido

Traballo sanciona á empresa da limpeza de contedores de Stellantis por vulnerar o dereito de folga

Contratou a 12 persoas logo de que comenzara o paro indefinido

A Inspección de Traballo vén de confirmar tres sancións moi graves á empresa que se encarga da limpeza de contedores na fábrica de Stellantis en Vigo. Segundo a CIG, a autoridade laboral entende que vulnerou o dereito de folga, contratando persoal mediante ETT para suplir os traballadores que secundan ha folga indefinida iniciada o pasado día 3.

Visita de funcionarios da Inspección a Stellantis

Funcionarios da Inspección visitaran a instalacións de Stellantis Vigo ao pouco de terse iniciado o paro para constatar
as denuncias de esquirolaxe por parte do comité de empresa do Grupo Urbano Bernabé. A confirmación da Inspección -«que o luns lle entregará o informe sancionador á representación do cadro de persoal«-, chega despois de que os folguistas ocupasen o luns pasado as instalacións da autoridade laboral na rúa Cánovas del Castillo para reclamarlle que actuase ante as ilegalidades que estaba a cometer a compañía, entre elas a de contratación fraudulenta.

Persoal que traballaba máis horas das contratadas

De feito, dende a CIG-Servizos denuncian que as 12 persoas contratadas a través de ETT para facer o
traballo do persoal que secunda a folga teñen un contrato de 24 horas semanais, pero cando a Inspección
se trasladou a Stellantis ao comezo da folga “puido comprobar que nun par de días xa superaran esas
horas de traballo”.

Minimizar un paro secundado por case todo o persoal

Con estas «manobras», denuncian os sindicatos, a empresa pretende minimizar o impacto dun paro que está a ser secundado pola práctica totalidade do cadro de persoal, integrado por 67 persoas.

De feito, engaden dende a CIG, «só están a traballar o encargado, a súa compañeira sentimental e dous traballadores contratados para cubrir unha baixa, ademais dos 12 da ETT». De xeito que en cada unha das tres quendas traballan unicamente 5 persoas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.