Estará completado en abril de 2023
A posta en funcionamento da Cidade da Xustiza de Vigo comezará este luns. Unha vez iniciado o pasado 26 de setembro o traslado do arquivo, agora comenzarán a instalarse os xulgados, segundo o acordado coas autoridades xudiciais e fiscais. En primeiro lugar, como informara vigoalminuto, entrarán os dous Contencioso-Administrativo.
Non afectará á actividade xudicial
Segundo sinalan dende a Xunta, “a actividade xudicial verase minimamente afectada e non haberá que suspender os xuízos xa programados“. Así, a este ritmo estímase que o traslado se completará a primeira semana de abril.
Investimento de 42 millóns
A nova infraestrutura, que acollerá 38 unidades xudiciais, é obra xudicial máis importante de Galicia ata hoxe. En total, investíronse 42 millóns de euros na rehabilitación e adecuación do antigo Hospital Xeral.
44.000 m2 e máis de 500 traballadores
Unha vez posta en marcha, a ‘Cidade da Xustiza’ unificará nun só edificio os órganos xudiciais de Vigo, ao acoller nos seus 44.000 metros cadrados as unidades xudiciais xunto coa Fiscalía de Área, as dúas seccións da Audiencia Provincial e a subdirección do Instituto de Medicina Legal (Imelga).
En total, trasladaranse máis de 500 traballadores da Administración de Xustiza, que terán á súa disposición unha escola infantil de 41 prazas para facilitar a súa conciliación laboral e familiar.