Poden descargarse a través do móbil
Este luns, 24 de outubro, os clientes do comercio de proximidade galego poderán comezar a descargar e a empregar os descontos de 30 euros do ‘Bono Activa Comercio’. É unha iniciativa á que a Xunta destina 5 millóns coa previsión de chegar a mobilizar 17 millóns en compras no comercio de proximidade.
Descarga
Os bonos, en formato de código QR, poderán descargarse a través do móbil na web bonosactivacomercio.gal, onde tamén estará dispoñible a lista de establecementos adheridos, á que poderán seguir sumándose comerciantes ata o vindeiro 30 de novembro.
Descontos
A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto será de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.
O obxectivo é axudar á economía das familias contribuíndo a aliviar o impacto da inflación, además de incentivar as
compras no comercio de proximidade.