Hai varias averías no sistema de bombeo
O Concello da Guarda informa que debido ás inclemencias climatolóxicas producíuse unha avaría eléctrica no sistema de bombeo de auga potable de Carballidos, quedando este inoperativo.
Do mesmo xeito, dende a Estación Depuradora de Tui, indican dende o Concello, “se nos comunica que tamén se rexistrou unha avaría nos seus seus sistemas o que lles imposibilita suministrarnos auga temporalmente”.
Por isto, o Goberno local pide á cidadanía guardesa, que ata novo aviso, faga un uso responsable da auga “para evitar ter que realizar cortes no suministro“.
Por último, o Goberno municipal subliña que tanto a avaría da Guarda coma a de Tui están sendo reparadas nestes intres.