Comarcas

Salceda mellora o seu sistema de xestión de ‘biorresiduos’

Coa compra dunha biotrituradora para a xestión dos restos de poda

Salceda mellora o seu sistema de xestión de 'biorresiduos'

Coa compra dunha biotrituradora para a xestión dos restos de poda

O Concello de Salceda de Caselas ven de adquirir unha biotrituradora con remolque modelo Forst B&S Gasolina 3, para a mellora do seu sistema de xestión de bioresiduos. A compra foi posible graza a unha axuda do 90% de custo da máquina, financiado polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco dos fondos NextGeneration.

Acabar coas malas prácticas de depósito de refugallos

Fomentar a correcta xestión dos restos de poda é a base desta compra que, ademáis, pretende evitar as malas prácticas de depósito de refugallos vexetais nos contedores de residuos orgánicos. Doutro lado, este proceso de tratamento dos restos de poda, reduce o número de queimas que a veciñanza ten que realizar periodicamente.

Xeración de compós

O resultado deste proceso ademais resulta beneficioso porque a biotrituración xera o estruturante necesario que pode ser utilizado para a xeración de compós, tanto nos composteiros comunitarios como nos individuais, que a concellería de Medio Ambiente repartirá nos próximos días.

Así, o Concello establecerá o punto principal de acopio e recollida de restos de poda para o seu tratamento no seu punto verde “Salceda Separa”. Deste xeito, a combinación destas accións suporá dar os primeiros pasos para acadar o maior nivel de sostibilidade posible na vila.

A alcaldesa, Verónica Tourón, subliña que “é moi importante aportar á nosa veciñanza todas as ferramentas posibles para que realice a correcta xestión de todo tipo de refugallos. So así conseguiremos que Salceda sexa máis verde e máis sostible”.

También te puede interesar