Ata o luns 21 de novembro
O Concello de Baiona abre a inscrición para participar no ‘Programa de Conciliación Nadal 2022’. As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o próximo luns 21 de novembro ás 14:00h..
‘Conciliación Nadal 2022’ é un programa que ten como obxectivo a conciliación da vida familiar e laboral e, ao mesmo tempo, “facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral”.
Desenvolverase no CPI Cova Terreña, e vai dirixido a menores de 3 a 12 anos. Para máis información poden contactar no teléfono 986 357 552 e 986 35 75 54 en horario de 8:30 a 14:30 horas.
Bases
As bases que regulan a convocatoria poden descargarse a través da páxina web do Concello de Baiona (www.baiona.gal), do taboleiro electrónico ou recollelas no Rexistro do Concello.